Tuesday 14 de May de 2024

O Concello proxecta unhas xornadas de turismo arquitectónico e cultural nas igrexas parroquiais


• Cada sesión contará cunha actuación musical e unha charla de Luis Giadás, mestre de xeografía e historia

• As actividades celebraranse os sábados e domingos deste mes de novembro

O Concello de Laxe, en colaboración da Deputación da Coruña, pon en marcha as ‘Xornadas de Turismo Arquitectónico, Patrimonial e Cultural’, actividades que se desenvolverán durante as fins de semana deste mes de novembro nas diferentes igrexas parroquiais.

En cada sesión celebrarase un concerto e, media hora antes de cada actuación, terá lugar unha charla sobre arquitectura a cargo do mestre de xeografía e historia Luis Giadás.

Programación:

Sábado 12 (18.30 h). Igrexa de San Simón de Nande. ‘Caminhos cruzados’ (concerto de frauta e guitarra).

Sábado 19 (19.30 h). Igrexa de San Estebo de Soesto. ‘Vadim Yukynevich’ (concerto de acordeón e voz).

Sábado 26 (17.30 h). Igrexa de Santiago de Traba. ‘Clara Panas’ (concerto soprano-piano acompañante).

Domingo 13 (17.30 h). Igrexa de San Mamede de Sarces. ‘Esamble lulius XIII (concerto de frauta e piano con narrador/clarinete).

Domingo 20 (17.30 h). Igrexa de Santa María de Serantes. ‘Pablo Rodríguez’ (concerto guitarra).

Domingo 27 (17.30 h). Igrexa de Santa María de Atalaia. ‘Coro Cantabile’.

Desde o Concello confían en que estas xornadas teñan unha boa acollida xa que son “actividades pensadas para poñer en valor o noso patrimonio, a nosa cultura e o noso turismo a través da música e a arquitectura dalgunhas das nosas igrexas máis senlleiras”.